COMENTARIO SOBRE AS FERRAMENTAS A EMPREGAR PARA O AUDIOVISUAL:
Para apoiar o proceso educativo decidimos empregar un audiovisual que consiste, neste caso, no estudo dos órganos do corpo humano. Para isto, elaborarase un vídeo explicativo, xa que os nosos obxectivos son:
- Ensinar aos nenos e nenas os nomes dos distintos órganos do corpo humano.
- Expoñer a función que realiza cada órgano.
- Ubicar cada órgano no lugar correspondente do corpo humano.
- Que o alumnado poidan profundizar no seu estudo e obter un maior coñecemento do corpo humano.
A técnica empregada para realizar este proxecto denomínase
timelapse, a cal consiste na creación dun vídeo cuxa primeira parte (a elaboración) se recolle a cámara rápida, e posteriormente, unha vez obtido o resultado realizaremos a explicación correspondente de xeito detallado.
Con isto pretendemos crear un proxecto audiovisual dinámico e chamativo que axude na labor docente e a súa vez propicie o aprendizaxe dos nenos e nenas dun modo máis participativo e visual. Consideramos que os obxectivos están correctamente definidos e que a técnica utilizada (o timelapse) é unha boa ferramenta para a elaboración da idea e a adquisición de coñecementos.