martes, 28 de abril de 2020

Webquest: O maior tesouro: a saúde.

A saúde é un dos temas máis importantes da sociedade e probablemente un dos máis valorados polas persoas.
Moita xente cre que a saúde do planeta onde vivimos está en perigo debido á contaminación e ao coñecido efecto invernadoiro. Sempre afirmamos que alguén debería facer algo. Non obstante, non sempre temos en conta que os nosos malos hábitos fan que a nosa saúde ou as nosas vidas se poñan en perigo. Se hai que facer algo para salvar o planeta Terra, quizais tamén deberíamos facer algo para vivir de forma máis saudable, e nós somos quen debe facelo.
Por iso, este proxecto explicará as suxerencias para levar unha vida o máis sá posible, á vez que promoverá actividades e tarefas que axuden a comprendelo mellor dende un punto de vista teórico e tamén interactivo. A alimentación, o deporte e incluso a nosa mente teñen influencia directa sobre o noso estado. Por iso, como se acostuma dicir, é importante manter unha mente sá nun corpo sá.
Para todo iso, este é o voso lugar.
AGARDÁMOSVOS!

https://sites.google.com/view/ocorpohumanowebquestandurinas

miércoles, 8 de abril de 2020

Libro dixital: Actividades sobre O Corpo Humano

file:///C:/Users/HP/Downloads/libro_recursos.html

ACTIVIDADES MULTIMEDIA

ACTIVIDADES MULTIMEDIA


As actividades multimedia que cada un de nos empregou para elaborar o libro dixital son as seguintes:


  • Empregamos un Kahoot para elaborar un xogo de pregunta-resposta relacionadas co corpo humano.
  • Unha sopa de letras para buscar palabras relacionadas co corpo humano.
  • Elaborar un puzzle también relacionado con algo del cuerpo humano.
  • Completar unha frase ou oración coa palabra que mellor lle conveña.
  • Clasificar diferentes partes do corpo humano.
  • Relacionar partes do corpo humano coas súas funciona.
  • Un xogo de palabras cruzadas relacionado coa evolución do ser humano.
  • Encontrar fotos iguais que estén relacionadas para desbloquear todo o pranel. 

Con estas actividades interactivas, empregando diversos recursos, fomos quen de crear un libro dixital para que todos os alumnos e alumnas poidan aprender e a súa vez se poidan divertir.

FERRAMENTAS EMPREGADAS NO LIBRO DIXITAL

Un libro dixital é un libro virtual proxectable por exemplo para a pizarra interactiva, o cal está enriquecido con diversos recursos multimedia e actividades interactivas.  

No noso caso, o nos libro conta con oito actividades interactivas todas relacionadas co corpo humano.

Entre os recursos que empregamos encóntrase principalmente os seguintes:

EdiLIM: un software para crear materiais educativos, especialmente exercicios aplicables a docencia e acesibles  en forma de web.


Kahoot: plataforma que permite crear un xogo de preguntas e respostas. Unha ferramenta perfecta para trasladar o xogo as aulas dos colexios. Fácil de usar e ideal para evaluar ós alumnos e alumnas.