A saúde é un dos temas máis importantes da sociedade e probablemente un dos máis valorados polas persoas.
Moita xente cre que a saúde do planeta onde vivimos está en perigo debido á contaminación e ao coñecido efecto invernadoiro. Sempre afirmamos que alguén debería facer algo. Non obstante, non sempre temos en conta que os nosos malos hábitos fan que a nosa saúde ou as nosas vidas se poñan en perigo. Se hai que facer algo para salvar o planeta Terra, quizais tamén deberíamos facer algo para vivir de forma máis saudable, e nós somos quen debe facelo.
Por iso, este proxecto explicará as suxerencias para levar unha vida o máis sá posible, á vez que promoverá actividades e tarefas que axuden a comprendelo mellor dende un punto de vista teórico e tamén interactivo. A alimentación, o deporte e incluso a nosa mente teñen influencia directa sobre o noso estado. Por iso, como se acostuma dicir, é importante manter unha mente sá nun corpo sá.
Para todo iso, este é o voso lugar.
AGARDÁMOSVOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario