Expectativas da materia
Reflexións sobre a materia de Novas Tecnoloxías:
- Carolina Álvarez Giménez: En canto ao que contén toda a materia de novas tecnoloxías espero adquirir coñecementos con facilidade e con axuda da docencia, xa que considero que a día de hoxe as tecnoloxías son algo moi importante para a nosa sociedade. As miñas expectativas da mesma, son poder formarme para o meu futuro, e poder usar todos os coñecemento, técnicas, hábitos... e impartir de forma correcta todo o que refiere as novas tecnoloxías. Espero adquirir todos os meus obxectivos propostos e superar con creces a materia.
- Antonio Atanes Gómez: Coa materia de novas tecnoloxías espero integrarme da mellor forma posible neste ámbito debido a que os meus coñecementos son moi básicos. Ademais, espero aprender moito e desenvolverme cos útiles que deberemos empregar nesta materia. Finalmente, creo que isto vai a contribuir a miña formación como mestre para o futuro xa que as novas tecnoloxías xa ocupan un gran lugar no presente canto máis no futuro e tamén cumprir os meus obxectivos e chegar a desenvolverme con precisión e facilidade nas novas tecnoloxías.
- Carlota Bermejo Pérez: Desta materia espero aprender a desenvolverme con facilidade coas ferramentas tecnolóxicas que empreguemos axudandome estas no proceso de búsqueda de información, planificación do traballo, etc. Tamén espero que os contidos que desenvolvamos tanto nas clases teóricas como prácticas poidan contribuir á miña formación como mestra e sexan aplicables a un futuro traballo cos nenos e nenas; así como á adquisición dun uso adecuado das TIC no ámbito educativo e a súa contribución á transmisión de valores e coñecementos.
- Juan José Díaz Nieves: Na materia de Novas Tecnoloxías agardo adquirir competencias no ámbito informático que permitan así un mellor desenvolvemento tanto no mundo en global como na futura labor docente en particular. Dado que o mundo cada vez segue pautas máis tecnolóxicas, é imprescindible un correcto manexo das mesmas, xa que poden resultar unha ferramenta imprescindible pero tamén contraproducentes, polo que convén coñecelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario