martes, 11 de febrero de 2020

Reflexión grupal sobre o proxecto seleccionado

O noso grupo decantouse pola realización do proxecto de periódico ou revista escolar. Isto débese a que nos pareceu a idea máis interesante para desenvolver en calquera ámbito escolar, posto que é sinxelo de interpretar polos alumnos e alumnas e ademais é moi visual. O formato é básico, xa que é coma un libro ao fin e ao cabo, aínda que en nivel informático. 
Tras avaliar as diferentes alternativas posibles, a nosa dúbida tan só estaba entre iste proxecto e o da páxina web, posto que tamén é algo moi útil e interesante. Non obstante, como enunciamos, o períodico en formato dixital parécenos unha técnica moi fácil para interpretar e estruturar a información existente, así como para chegar a un público de calquer idade ou nivel. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario